Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

VICTORIA NUN PARTIDO CON ALTOS E BAIXOS

Júnior Masculino 2ª
4 Abril 2019
VICTORIA NUN PARTIDO CON ALTOS E BAIXOS

CB ARTEIXO DUACODE 56 - 44 ACADEMIA A MARIÑA BURELA

14-10, 10-10, 16-8, 16-16

Empeza o partido con moita actividade por parte dos nosos xogadores. Ataques rápidos e dominio do xogo para un parcial de 13-2. Pero aparece a relaxación e os visitantes reaccionan e acadan un parcial de 1-8 para chegar igualados ao final do cuarto.

No segundo cuarto a igualdade e a tónica dominante. Ningún equipo é quen de impoñer o seu ritmo e o marcador móvese pouco para empatar o parcial e chegar ao descanso con todo aberto.

O arranque do treceiro período é o que marca o sino do partido. Un parcial de 10-0 de saída marca unha distancia que da tranquilidade ao equipo para afrontar o que queda de partido.

No último cuarto volta a igualdade, pero sempre co partido controlado por parte do equipo para acabar con unha distancia cómoda no marcador.

Xogaron: Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Enzo. Samuel segue a estar lesionado.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.