Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

VICTORIA NUN ECONTRO CON MOITAS ALTERNATIVAS

Sénior Masculino 2ª
5 Decembro 2018
VICTORIA NUN ECONTRO CON MOITAS ALTERNATIVAS

PELETEIRO 72 - 74 CB ARTEIXO DUACODE (19-19, 27-15, 16-25, 10-15)

Bo inicio de encontro no ataque por parte dos dous conxuntos, os visitantes cargando o xogo no interior e os locáis atacando en constantes 1x1 dende fora. As defensas, bueno, as defensas debían seguir no vestiario...

No segundo cuarto volviuse a repetir a historia que ven sucedendo encontro tras encontro a os de Arteixo, o típico apagón de 3-4 minutos que fai que o equipo rival marche no marcador, neste cuarto encaixarían os arteixáns 27 puntos!! menos mal que o ataque non era malo de todo, o que permitiu que as diferenzas non foran determinantes.

Tras o descanso chegaron os mellores momentos en ataque para os do CB Arteixo Duacode, que movían o balón con criterio e sempre encontraban a mellor opción de canastra, tanto con balóns interiores como en tiros abertos. A mágoa foi que a defensa non empezou moi intensa para ir mellorando pouco a pouco o longo do cuarto. Deste xeito os visitantes reducían a diferenza a tan so 3 puntos para que todo quedara aberto para o periodo definitivo.

No último cuarto viuse a defensa que ten que ser o sinal de identidade do equipo con axudas constantes, certa comunicación, unha boa dose de intensidade, en definitiva moita solidaridade defensiva. Isto permitiu, que aínda que o ataque xa non era tan fluido se chegara a un final igualadísimo, onde os do CB Arteixo Duacode atemperaron mellor os nervos, e outra vez apoiados nunha gran defensa (ataque de 18 segundos no que Iago foi quen de anotar unha bandexa que poñía os visitantes dous puntos por enriba, e unha defensa sensacional nos últimos 5 segundos) foron quen de traer para casa unha importante victoria.

XOGARON E ANOTARON: IAGO 14, CONCHADO 17, ANDRÉS 18, ESCARIZ 2, VAL 2, OCAMPOS 9, ANTELO 2, JESÚS 6, NACHO 3 E ROBER.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.