CB ARTEIXO DUACODE 58-49 LICEO LA PAZ
13-14, 21-9, 11-15, 13-11
Empezamos frouxos na defensa con dificultades para defender as liñas de pase e brandos no 1x1. No ataque pouco movimento sen balón e pouca agresividade cara o aro. O resultado é que nos imos ao final do cuarto 1 punto abaixo e sensacións non moi boas.
No segundo cuarto volta io xogo rápido de case sempre grazas a que se defende moito mellor e se recuperan balóns que nos dan canastras doadas (aínda que fallamos un par de canastras solos debaixo do aro). Ao descanso 11 puntos arriba e moito mellores sensacións.
Pero no terceiro cuarto volve a falta de intensidade na defensa das liñas de pase e os visitantes xogan cómodos e van anotando con certa facildade. E, aínda que nos mantemos por diante no marcador e parece que imos poñer máis distancia no marcador, os xogadores do Liceo rebaixan a distancia e chegamos ao íltimo cuarto con 7 puntos arriba.
No último período, a igualdade é tónica. Somos quen de manter a distancia (a pesares de volver a fallar varias canastras solos debaixo do aro rival) e chegamos ao final cunha diferencia aceptable para encarar o partido de volta con posibilidades de acceder á final a catro da Copa Primavera.