|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO

Cadete Masculino
24 Abril 2018
VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO
VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO VICTORIA EN OUTRO BON PARTIDO

CB ARTEIXO DUACODE 56-53 BASQUET CORUÑA U15

Parciais: 22-13, 10-10, 15-15, 9-15

Empezamos moi ben (parcial de 9-2) con ataques rápidos e algún roubo de balón que nos dan canastras doadas. Os visitantes tardan en entrar no partido e aproveitamos esta situación para marcar as primeiras vantaxes no marcador. Pero os coruñeses vanse asentando e o xogo e o marcador van transcurrindo con moita igualdade.

Tanto o segundo como o terceiro cuarto seguen coa igualdade. Os nosos xogadores van conservando a distancia no marcador, pero os problemas coas faltas empezan a lastrar ao equipo.

No último cuarto, os xogadores visitantes van apretando cada vez máis na defensa cunha presión a toda pista que nos causa problemas á hora de poñer o balón na pista dianteira. A distancia vai baixando. Pero somos quen de recuperarnos para gañar o partido.

Remata así a liga cunha sexta posición total (segunda do grupo na segunda fase) de moito mérito.

Agora empeza a Copa Primavera, que afrontamos con moita ilusión, na que empezamos exentos da primeira rolda por ser o segundo "cabeza de serie"

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.