|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

VICTORIA E GRAZAS

Sénior Masculino 2ª
27 Febreiro 2019
VICTORIA E GRAZAS

MUEBLES VICTORIA BARCO 71 - 74 CB ARTEIXO DUACODE (15-27, 17-20, 25-15, 14-12)

As voltas que deu o encontro, os arteixáns tiveron que gañar o encontro ata 3 veces!!

Iniciaban os visitantes o encontro convencidos de acadar a victoria e aínda que o xogo non era moi bo tiraban de acerto dende a liña de 3 puntos para ir acadando as súas primeiras diferenzas no marcador. A defensa era moi contemplativa por parte dos dous conxuntos.

No segundo cuarto os do CB Arteixo Duacode subiron un chisco a intensidade defensiva e semellaba que sentenciaban o partido cando o luminoso reflexaba un 25-47 a 3 minutos do descanso. Pero nada máis lonxe da realidade, nese momento comezaban a perder por primeira vez un encontro que tiñan gañado. Un parcial de 7 a 0 metía os do Barco no partido.

Tras o descanso máis desastre defensivo encaixando ata 25 puntos neste periodo, a confianza dos locáis subindo e a dos visitantes baixando... e a diferenza no marcador en tan só 5 puntos e todo por decidir.

No cuarto definitivo os nervos fixeron das súas, e os arteixáns tiveron varias accións sinxelas para apañar unha ventaxa definitiva pero semellaba que non querían gañar o encontro. A decir verdade os de Valdeorras tampouco tiñan moito acerto. Deste xeito chegouse a un final agónico cos do Arteixo 1 punto por riva e posesión, os locáis que non fan falta persoal e Conchado anota unha canastra que pon as diferenzas en 3 puntos. No ataque final por parte dos valdeorráns tiveron ata 2 oportunidades de anotar unha tripla pero ahí acompañou un pouco a sorte a os de Iván García e a victoria foi para o CB Arteixo Duacode.

Seguimos na loita polas prazas que dan acceso a disputar a final 4, pero debemos ser moito máis consistentes nos encontros que están por disputar, e aproveitar mellor os momentos bos para finiquitar os encontros e non dar tanta vida os riváis.

 

XOGARON E ANOTARON: COCHÓN 16, CONCHADO 21, ANDRÉS 9, NACHO 7, ESCARIZ 4, VAL 3, JESÚS 8, IAGO 2, OCAMPOS 4 E ROBER.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.