Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Peleteiro Frutas Barreiro · 23/03/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Carnicería Muiño costa da Morte - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 24/03/2019 17:00 Pavillón Municipal - Cee || Junior: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 23/03/2019 20:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 23/03/2019 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre B · 24/03/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santo Domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 24/03/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - BBCA Tras do Castelo · 23/03/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña U12/11 - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 23/03/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Benxamín: KFC Kulle Mixto - CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto · 23/03/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

VICTORIA DE VENRES

Cadete Feminino 2ª
7 Marzo 2019
VICTORIA DE VENRES

CB ARTEIXO DUACODE 62 - 22 BBCA PRAIA DE MARMADEIRO (21-06, 15-05, 11-08, 15-04)

Encontro correspondente a segunda xornada da segunda fase que se disputou na tarde do venres no Pazo dos deportes cun moi bo ambiente nas bancadas.

Xa nos empezan a ter acostumados as rapazas do cadete a comezar os encontros a toda mecha, cunha defensa moi forte en media cancha e con rápidos contraataques. Ademáis o acerto no inicio foi moi alto o que disparou a diferenza no luminoso a favor das arteixáns.

No segundo cuarto, como era lóxico, o acerto baixou un chisco pero non así a intensidade defensiva que seguía a ser altísisma. Deste xeito se chegaba o descanso co encontro resolto e un marcador de 36 - 11 que ninguén agardaba.

Tras o parón do descanso chegaron os peores minutos das locáis que semellaban un pouco relaxadas despois da sensacional primeira metade. Aínda así gañaron tamén este cuarto pero por tan so 3 puntos.

No cuarto definitivo todo voltou o seu sitio, cun xogo que de novo era de moita calidade, movendo a bola con criterio en ataque, e o que é máis importante, recuperando a defensa do 1x1 e de liñas de pase que tanta ledicia trouxera no inicio do encontro.

En definitiva, unha gran tarde de baloncesto no Pazo cun conxunto cadete facendo un bo xogo e a grada cun bo aspecto e animado coma sempre.

XOGARON POR PARTE DO CB ARTEIXO DUACODE: MIRIAM, INÉS, LAURA, LOLA, SUSANA, CARLA, ANTÍA R., XOANA, ANDREA E SOFÍA.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.