Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

VICTORIA DE PRESTIXIO

Sénior Masculino 2ª
15 Xaneiro 2019
VICTORIA DE PRESTIXIO

CB ALLARIZ 50 - 54 CB ARTEIXO DUACODE (17-11, 15-14, 10-14, 08-15)

Tocaba esta fin de semana un dos desprazamentos máis complicados da tempada, tanto pola distancia a percorrer coma polo nivel do conxunto ourensán, e os de Arteixo sacaron moi boa nota.

O inicio do encontro non facía presaxiar nada bo, xa que os de Allariz comezaron moi acertados no tiro exterior, todo o contrario que os visitantes que nos primeiros 5 minutos só foron quen de anotar dous tiros libres. Pero este conxunto xa empeza a crer no seu xogo e non desesperaron a hora de mover o balón e seguir buscando boas opcións. Na defensa máis do mesmo, despois de axustar un pouco mellor cos pares correspondentes a anotación dos locáis comezou a menguar.

Despois de minimizar os danos chegábase o tempo de lecer con tan só 7 puntos de desventaxa e a sensación de que os peores minutos dos nosos xa pasaran.

A segunda parte voltou a ser unha demostración de fe e defensa, deixando o conxunto local en tan só 18 puntos!! O ataque seguía a non estar moi acertado pero a paciencia seguía a ser a tónica dominante ante as alternancias defensivas dos de Allariz.

Deste xeito entrábase nos dous últimos minutos con igualdade absoluta no marcador e os erros por parte dos dous conxuntos comezaron a sucederse, pero unha canasta e un tiro libre de Jesús poñía por diante os de Arteixo 3 puntos, no aro contrario os locáis anotaban un dos dous tiros libres dos que dispuxeron e quedaba unha posesión para os de Arteixo con dous puntos o seu favor, pero terminaron por perder a bola nunha complicación innecesaria. Así que 10 segundos para unha última posesión dos ourensáns. E outra vez (igual que en Peleteiro) unha defensa sensacional para rematar o encontro. Neste caso ata Andrés recuperou o balón e anotou a canasta que deixaba no luminoso o definitivo 50 - 54.

Noraboa a todos!! Agora toca seguir que polo momento non fixemos nada, a tempada aínda é moi longa.

XOGARON E ANOTARON: ANDRÉS 15, NACHO 5, ESCARIZ 2, VAL 6, IAGO 4, OCAMPOS 6, CONCHADO 4, JESÚS 7, ANTELO 5 E ROBER. DANI COCHÓN E SIMÓN NON ASISTIRON POR LESIÓN.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.