Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

VICTORIA DE MÉRITO, DEBIDO ÁS CIRCUNSTANCIAS

Júnior Masculino 2ª
14 Xaneiro 2019
VICTORIA DE MÉRITO, DEBIDO ÁS CIRCUNSTANCIAS

SANTA MARÍA DEL MAR 57 - 59 CB ARTEIXO DUACODE

12-13, 8-14, 14-13, 23-19

Partido moi serio o disputado o sábado pola mañá polos nosos xogadores. Con moita concentración case que todo o partido e sabendo sobrepoñerse a unha nova lesión, esta vez de Simón aos cinco minutos do primeiro cuarto.

O partido empezou cos dous equipos fríos sin ser quen de anotar debido aos erros nos tiros. Pero foron os nosos xogadores os que primeiro se asentaron na pista indo por diante no marcador todo este cuarto ainda que con rendas curtas. Neste cuarto (minuto 5) produciuse a xogada desafortunada -outra máis para o equipo- cando Simón nunha entrada a canastra torce o pé dereito para non poder voltar á pista. Mazazo para o equipo que perde a un dos seus xogadores máis importantes e, ademáis, queda só con cinco xogadores para todo o partido (Enzo aínda está recuperándose da súa lesión). Pero os xogadores apretan os puños e traballan moi ben para que non se nota esta baixa tan importante.

No segundo cuarto o equipo defende moi ben. Sempre hai un xogador dos nosos entre o atacante e o aro e, aínda que seguimos a ter problemas no rebote, só se permiten catro canastras. O ataque vai movendo o balón diante das defensas zonais prantexadas polos locais. Ao descanso 7 puntos arriba e moi boas sensacións.

Á volta do parón, varios despistes provocan que os colexiais se acerque a tres puntos primeiro e empaten e incluso se poñan por diante no marcador. Pero os xogadores recupéranse e a distancia ao final do cuarto practicamente é a mesma que ao descanso.

No último cuarto os nosos xogadores acusan un tanto o esforzo feito durante todo o partido e prodúcense varios erros que provocan perdas "tontas" de balón e danlle canastras doadas aos locais que igualan o partido. Aquí outra vez os nosos xogadores demostran unha grande madurez e aproveitan os tiros libres para levarse unha victoria de moito mérito.

Xogaron: Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Samuel. Enzo segue de baixa por lesión.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.