BASQUET CORUÑA U18/17 36 - 77 CB ARTEIXO DUACODE
4-23, 19-17, 6-17, 7-20
Empezamos centrados e con un alto ritmo de xogo. Recuperamos varios balóns que nos dan canastras moi doadas e imos poñendo distancia no marcador. A diferencia vai medrando ata chegar a un 0-17 que deixa clara a superioridade dos nosos xogadores.
No segundo cuarto chega a relaxación defensiva e os locais anotan con moita facilidade e gañan o parcial do cuarto.
Despois do descanso volta a intensidade do equipo e a distancia segue en aumento ata o 36-77 final.
Xogaron Abdel, Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl e Enzo. Non puideron xogar Simón e Samjuel por seguir lesionados.
Con estr partido rematou a primeira fase da liga e a vindeira semana empeza a segunda fase da liga na que estaremos encadrados no grupo 3 xunto con outros 8 equipos e xogarase unha liga todos contra todos a unha soa volta.