ACB COSTA DA MORTE 32-88 CB ARTEIXO DUACODE
4-20, 10-23, 7-27, 11-18
Pouca istoria tivo o partido do sábado en Cee. Xa desde o comezo do partido o equipo xogou coa intensidade necesaria para non permitir aos locais xogar cómodos.
A forte defensa provoca recuperacións que nos dan canastras doadas e, cando non é así, o acerto nas triplas (tres neste primeiro cuarto para un total de nove) fai o resto e lévanos xa ao final do primeiro cuarto a unha diferenza de 16 puntos.
No segundo cuarto segue o alto nivel de anotación con outras tres triplas e a defensa, ainda que permite algunha situación que non debería, tamén segue a funcionar ben.
Na segunda parte non se baixa o ritmo para ir aumentando a distancia según vai pasando o tempo ata chegar ao final do partido.
Xogaron Samuel M, Iago, Zeus, Gonzalo, Simón, Enzo, Adrián e Ángel. Non puideron xogar Samuel B e Jordi.