|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UNHA VICTORIA PARA REMATAR A TEMPADA

Junior Masculino
11 Xuño 2018
UNHA VICTORIA PARA REMATAR A TEMPADA
UNHA VICTORIA PARA REMATAR A TEMPADA UNHA VICTORIA PARA REMATAR A TEMPADA UNHA VICTORIA PARA REMATAR A TEMPADA UNHA VICTORIA PARA REMATAR A TEMPADA

BASQUET CORUÑA U18 47-48 CB ARTEIXO DUACODE

11-15, 18-13, 9-9, 9-11

Último partido da tempada para o júnior e, para a maior parte dos xogadores, tamén o último partido da súa andaina polas categorías inferiores. Ademáis tamén era a cuarta vez na tempada na que nos enfrontábamos a BC U18 cun balance (ata este partido de 2-1 para os coruñeses). E, debido a varias circunstancias, só podemos presentar sete xogadores para a disputa do partido.

Con estes antecedentes, empezamos bastante ben o partido, pechando ben cerca do aro aínda que sufrimos na defensa do tiro exterior (tres triplas recibidas neste primeiro cuarto) e no ataque movemos ben e somos agresivos de cara ao aro, anotamos dúas triplas pero xa se empeza a ver que non temos o día dende o tiro libre (ao final do partido un moi pobre 8 de 23). Con todo isto o marcador vai apretado.

No segundo cuarto os locais dominan o ritmo e anotan con fluidez. Xa temos máis problemas para defender as penetracións e no ataque perdemos "frescura". O resultado é que os de Roberto Rivera póñense por diante no marcador e mantéñense por diante ao chegar ao descanso.

O terceiro cuarto empeza moi ben para os nosos, un 0-8 de arranque nos primeiros cinco minuto danos a máxima vantaxe no marcador. Os locais reaccionan e fannos encaixar un parcial de 9-1 na última parte do cuarto, deixando todo por decidir de cara ao último cuarto.

Entramos no último período con 38-37 no marcador. E a igualdade mantense durante todo o tempo. As defensas vanse impoñendo e os erros son frecuentes nos dous equipos, para chegar ao final co resultado de 47-48 que nos da a victoria neste último partido da tempada.

En fin, remata unha longa tempada (28 partidos disputados con 12 victorias e 16 derrotas) con altos e baixos e marcada polos problemas para poder adestar con continuidade e na que os xogadores fixeron un gran esforzo tanto físico como de concentración debido as ausencias que tivemos por diversos motivos.

Agora toca descansar e prepararse para afrontar os retos que nos atopemos na tempada que ven.

Grazas polo esforzo e a dedicación aos membros do equipo Hugo Abeledo, Fabio Hernández, Fran Baaliña, Raúl Iglesias, Dani Alonso, Nico Mourelo, Jacobo Cambón e Sergio Blanco e aos xogadores do equipo cadete que tanto nos axudaron nos adestramentos e nos partidos Iago Abelenda, Simón Souto e Enzo Quintáns.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.