BV ASESORES LOS ROSALES A 16 - 64 CB ARTEIXO DUACODE (0-09, 06-22, 02-18, 08-15)
Encontro sen moita historia o que se xogou na tarde do sábado no pavillón dos Rosales.
O primeiro cuarto estivo marcado polo desacerto no tiro das xogadoras de Iván García, que pouco a pouco foron afinando a puntería para anotar nos cuartos centráis 22 e 18 puntos e marcar diferenzas insalvables para as coruñesas.
Na defensa a verdade é que estiveron as nosas moi concentradas e intensas todo o encontro dificultando moitísimo o ataque das locáis.
O dito, unha victoria cómoda pero cimentada no bo traballo xeral do conxunto.
Agora toca visita a unha cancha complicada cun conxunto co que xa se xogou en dúas ocasións con resultados moi diferentes, un con victoria clara e outro cunha victoria moi axustada. Haberá que facer as cousas moi ben para poder superar o Praia de Marmadeiro.