|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UNHA VICTORIA MÁIS DAS CADETES

Cadete Feminino 2ª
27 Marzo 2019
UNHA VICTORIA MÁIS DAS CADETES

BV ASESORES LOS ROSALES A 16 - 64 CB ARTEIXO DUACODE (0-09, 06-22, 02-18, 08-15)

Encontro sen moita historia o que se xogou na tarde do sábado no pavillón dos Rosales.

O primeiro cuarto estivo marcado polo desacerto no tiro das xogadoras de Iván García, que pouco a pouco foron afinando a puntería para anotar nos cuartos centráis 22 e 18 puntos e marcar diferenzas insalvables para as coruñesas.

Na defensa a verdade é que estiveron as nosas moi concentradas  e intensas todo o encontro dificultando moitísimo o ataque das locáis.

O dito, unha victoria cómoda pero cimentada no bo traballo xeral do conxunto.

Agora toca visita a unha cancha complicada cun conxunto co que xa se xogou en dúas ocasións con resultados moi diferentes, un con victoria clara e outro cunha victoria moi axustada. Haberá que facer as cousas moi ben para poder superar o Praia de Marmadeiro.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.