|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UNHA VICTORIA DE CONXUNTO

Sénior Masculino 2ª
18 Decembro 2018
UNHA VICTORIA DE CONXUNTO

CB ARTEIXO DUACODE 67 - ILLA DE AROUSA 49 (17-12, 19-21, 15-12, 16-04)

Un encontro moi completo por parte dos locáis que seguen a dar pasiños cara a diante despois dun comenzo de tempada un tanto dubitativo.

A terceira victoria consecutiva para o CB Arteixo Duacode cimentouse nunha boa defensa e traballo de equipo en case que todo o encontro.

Empazaba o encontro coa defensa moi centrada en parar o xogo interior dos da Illa, e o facía con solvencia, pero os típicos problemas de anotación do comenzo dos partidos afloraban de novo. Si ven a medida que avanzaba o cuarto o equipo seguiu xogando con pases e o acerto comezou a aparecer.

No segundo cuarto o ataque xa era fluído, pero comezaron as dificultades para parar a determinados xogadores do conxunto vsitante, e a anotación disparouse.

Tras o descanso volveu a facer gala da defensa que ten que ser norma, deixando o conxunto visitante en tan so 16 puntos nos dous cuartos. Cunha defensa deste nivel o ataque a pouco que circule o balón terá boas opcións de canastra.

Deste xeito a victoria rematou sendo cómoda pero despois de moito traballar e de facer moitas cousas ben como EQUIPO.

Imos de vacacións de Nadal cun balanzo de 4 victorias e 4 derrotas pero coa sensación de que o equipo está a mellorar día a día, temos a oportunidade de por fin facer unha gran segunda parte de tempada, a traballar duro e chegarán o resultados!!

XOGARON E ANOTARON: JESÚS 20, CONCHADO 20, OCAMPOS 6, ANTELO 12, ESCARIZ 3, HUGO VAL 3,NACHO 3, ROBER, IAGO E SIMÓN.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.