CB ARTEIXO DUACODE 63 - 45 EXTRUGASA RÍO ULLA (16-15, 8-8, 18-14, 21-8)
Aínda que o marcador parece indicar o contrario a victoria custou un mundo...
O triunfo cimentouse nunha defensa moi forte na media cancha e no dominio do rebote por parte do conxunto local.
Comezaba o encontro con bo movemento de balón pero co acerto habitual no que vai de campaña, ousexa, escaso. Na defensa algúns erros de concentración perimitían os vistantes igualar a contenda.
No segundo cuarto o acerto aínda foi a menos ante a defensa zonal proposta polo Extrugasa, si ben o balón circulaba con fluidez o tiros liberados nunca a acababan en canastra.
Tras o descanso os do CB Arteixo Duacode non desesperaron (sabían que estaban a facer ben as cousas) e o acerto foi aumentando, e por estes intres o rebote era dominado totalmente polos arteixáns. A pesar que a defensa cometía algún erro puntual estaba a ser boa.
O mellor quedou para o final, xa que os locáis non baixaron o ritmo (si cadra subiron un punto máis) e a defensa xa non cometeu erros, e o acerto no ataque xa non parou de medrar ata o final do encontro sinalalando neste periodo un claro 21 a 8. Bóa victoria para os locáis que seguen a medrar pasiño a pasiño. A tempada é moi longa e este conxunto aínda pode dar moito que falar.
XOGARON POLO CB ARTEIXO DUACODE: ANDRÉS 14, JESÚS 12, CONCHADO 15, ESCARIZ 9, ANTELO 7, OCAMPOS 3, NACHO P. 3, SIMÓN, HUGO VAL E IAGO.