BV. ASESORES LOS ROSALES 23 - 72 CB ARTEIXO DUACODE (08-14, 04-12, 07-24, 04-22)
Tocaba mellorar a imaxe ofrecida no encontro da xornada anterior e o comenzo do encontro non foi moi esperanzador, cometendo erros defensivos que non son habituais no conxunto infantil feminino, e no ataque o acerto non era o esperado deixando escapar algún que outro 1x0.
No segundo cuarto mellorou moito a defensa pero o ataque seguía sendo un tanto errático, así que a melloría ata este momento non era a esperada.
Tras o descanso sen embargo todo cambiou... case que se pode decir que foi unha das mellores segundas partes da tempada cunha defensa sensacional por momentos e xogando a un ritmo moi alto con contraataques sacando rápido o balón con pases e agora si case sen erros en situacións preto do aro. Chegando a anotarse nesta segunda parte 46 puntos que representa a maior anotación da tempada en dous cuartos.
O camiño a seguir está claro, tan so queda seguir traballando con ilusión para competir cada día un pouco mellor.
Destacar o debut en encontro oficial de Uxía, unha nova xogadora para o infantil feminino.