Unha vez máis temos que dar as grazas a todos os que fan posible que o club de baloncesto de Arteixo poda ir medrando pouco a pouco co paso do tempo.
O sábado pudemos desfrutar dunha pequena festa do noso deporte no Pazo dos Deportes onde se xogaron 3 encontros. No intermedio do senior de segunda división aproveitamos para darlle un pequeno agasallo os nosos patrocinadores.
Deste xeito temos que destacar a presenza do Alcalde D. Carlos Calvelo Martínez e da Concelleira de Deportes Dona Purificación Zas Rodríguez por parte do Concello.
De Simón Agulla en representación de Duacode.
E Carlos Loureiro de restaurante O Petisco e María Encina González de General Óptica Arteixo.
Todos eles recibiron de mans do Presidente do Club, Francisco Lozano a foto de familia do CB Arteixo da tempada 17-18.
Reitarar as grazas, sen vos o noso proxecto non sería posible!!