Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

UNHA FINAL DE INFARTO

Infantil Feminino 2ª
31 Maio 2019
UNHA FINAL DE INFARTO
UNHA FINAL DE INFARTO UNHA FINAL DE INFARTO UNHA FINAL DE INFARTO UNHA FINAL DE INFARTO

CENTRO VETERINARIO EUME 35 - 33 CB ARTEIXO DUACODE (07-06, 05-09, 10-07, 08-08, 05-03)

A verdade é que moi pouca xente pensaba que a final se podía gañar contra un conxunto que nos metera de 40 nun partido facía un mes. Si cadra tan só eran as xogadoras as que pensaban que se podía lograr o trofeo, e vaia si se podía! As nosas rapazas amosaron unha vez máis o que é competir.

O encontro xa se viu dende o inicio que no ía ser moi bonito de ver, coas defensas aplicándose a tope e os ataques un pouco atenazados polos nervos. O marcador movíase a contapingas, un punto a favor das eumesas no primeiro cuarto, catro arriba para as nosas no segundo, tres arriba para as de Ferrolterra no terceiro e igualdade máxima no último con empate a 8.

Así foi pasando o encontro, no que se vía que as do CB Arteixo Duacode ían ter opcións de victoria ata o final. E así foi!! A falta de 3 minutos a expulsión por 5 faltas de Carla (moi regurosas as 2 últimas) facía prexasiar o peor pero as nosas rapazas no se ían a render con facilidade. Iso si, as dificultades no rebote ían crecendo conforme pasaba o encontro. Con 2 puntos abaixo no marcador e a falta de 30 segundos no electrónico as nosas perdían por 2 puntos, foi cando nun bo ataque, movendo o balón con criterio o mesmo chegou a mans de Antía Rodríguez que anotou unha tripla que daba a victoria momentánea as de Arteixo (ahí debía de ter terminado o encontro pero quedaba moito por traballar). No ataque seguinte unha boa defensa non foi refrendada co rebote e as nosas tiveron que facer falta e as eumesas anotaron un tiro libre. Aínda habería 2 ataques máis!! Un para as nosas no que unha boa acción de Andrea por pouco non acabou en canastra... e finalmente dous tiros libres errados polas de Pontedeume. Todo se decidiría na PRÓRROGA!!

A prórroga foi como o partido, con pouco acerto e moita tensión, polas nosas xa case que só reboteaba Xoana, a única que podía competir en físico co conxunto rival xa que a eliminación por faltas de Antía Rodríguez seguía a mermar o conxunto arteixán. Finalmente un desastroso acerto no tiro libre (3 de 15 na prórroga) fixo que non puidera ser...

Pero nada de tristuras!! Chegar ata aquí foi un premio incrible e ver as gradas do Pazo a tope o NOSO VERDADEIRO TRUNFO. No poderemos agradecer nunca dabondo todo o que nos fixestes sentir o Domingo!! Co traballo que estamos a facer voltaremos!!

Agradecer tamén a Simón Pérez como representante do noso patrocinador Duacode a súa presenza nas fináis e na entrega de trofeos.

Xogaron por o CB Arteixo Duacode: Antía Rodríguez, Carla Naya, Andrea Súarez, Xoana Mato, Lucía Area, Sabela Calvete, Zeltia Otero, Marta Pombo, Uxía Souto e Sofía Varela. Non puido xogar por unha inoportuna lesión no  penúltimo adestramento Antía López.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.