CB ARTEIXO DUACODE 38 - 49 WANDER COSTA DA MORTE (08-07, 11-16, 10-11, 09-15)
Aínda que pareza incrible non xogou mal de todo o conxunto arteixán que en moitos momentos do encontro moveu o balón con criterio ante a defensa moi pechada dos da Costa da Morte, sabedores que a súa maior altura lles permitiría controlar o rebote.
Iso si, o acerto de cara o aro foi lamentable por parte do CB Arteixo Duacode que cun montón de tiros dende máis alá do 6,75 sen presenza dos riváis preto non era quen de anotar nada máis que dúas triplas na primeira parte, e outras dúas na segunda, no que deixou unha porcentaxe de acerto baixísima.
Con este panorama, e sin poder facer case que ningún contraataque o encontro estaba onde o quería o conxunto visitante, que nun final igualado fixo gala da súa maior experiencia e maior físico preto do aro para levar a victoria para Cee.
Xogaron e anotaron polos locáis: Victor 4, Dani F. 6, Dani A. 8, Adrián 9, Dylan 11, Jacobo, Zas, Nico, Hugo e Javi.