CB ARTEIXO DUACODE 49 - 86 TOP QUALITY CARS CAMBRE
8-14, 11-25, 17-26, 13-21
Presentábase o partido con aspiracións de vencer para optar á cuarta posición na clasificación, pero a realidade foi que non houbo partido. Xa dende o principio os visitantes amosaron que viñan a gañar o partido. Moi intensos e centrados, dominaron o partido a pracer. Tanto no ataque como na defensa o ritmo foi o marcado polos xogadores cambreses que anotaban con moita facilidade á vez que non deixaban que os nosos xogadores puideran anotar.
Con este resultado, xa non hai opcións de acadar a clasificación para o grupo A2 da segunda fase da liga.
Cabe destacar a reincorporación de Enzo despois da súa longa lesión e o debut de Abdel.
Xogaron Abdel, Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Enzo e Samuel. Non puido xogar Simón por estar lesionado.