BASQUET CORUÑA LEYMA U16 56-CB ARTEIXO DUACODE 36 (6-6, 21-7, 14-9, 15-14)
Unha mágoa, así podemos resumir o encontro. Comezaban as xogadoras do CB Arteixo Duacode moi concentradas, cun gran traballo defensivo aínda que sin aproveitar de todo as suas boas opcións no ataque, pero de súpeto, comezando o segundo cuarto todo cambiou… As afeccionadas do Basquet Coruña (que non serían máis de 6) comezaron a animar e deberon de asustar as nosas que desapareceron totalmente da pista. Si contra un equipo coma éste que vai primeiro desapareces durante un periodo estás perdida…
E así foi, tras o descanso se fixeron esforzos por acortar distanzas, pero o mal xa estaba feito, si ben se demostrou carácter para tratar de competir ata o final a pesar do resultado tan adverso.
Pero cousas do destino…este vindeiro fin de semana temos xa a revancha para poder sacar a espiniña de este pasado encontro, xa que o sorteo quixo que nos enfrontemos o Basquet Coruña Leyma U16 na primeira eliminatoria da Copa Primavera 2018.