|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO

28 Agosto 2018
UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO
UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO

Verán moi activo e cheo de diversión o que se levou a cabo dende o CB Arteixo Duacode.

Comezábamos na primeira quincena de xulio co noso tradicional CAMPUS DE VERÁN que neste caso celebrou a súa 11º edición. O campus estivo cheo de sorpresas. A primeira delas veu da man do capitán do Basquet Coruña Ángel Hernández que compatiu as súas vivencias cos nosos rapaces e rapazas. O seguinte en pasar polo campus foi José Valentín do club Bosco salesianos de Ourense que ofreceu os xogadores un amplo repertorio de exercicios on de os rapaces non so tiñan que facer baloncesto, se non que tiñan que PENSAR. As risas estiveron garantizadas.

UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO

O seguinte en aparecer polo Pazo de Arteixo foi Cristian Martín árbitro do grupo 1 da Federación Española de Baloncesto, e tamén adestrador de baloncesto, que primeiro adestrou cos participantes do campus e despóis departiu un rato con eles sobre temas arbitráis.

Tamén tivemos a sorte de que nos vistaran 2 dos nosos patrocinadores, Álvaro Enríquez da empresa Duacode e Carlos Loureiro de O Petisco. Foi unha mágoa non poder contar con outro dos nosos patrocinadores, Mª Encina González de General Óptica Arteixo) por motivos de axenda.

UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO

Por suposto non faltaron as tradicionáis saidas o Megajump e o Aquapark de Cerceda.

A seguinte actividade foi a xa mítica COMIDA FIN DE TEMPADA no Seixedo, onde nos xuntamos o redor de 50 persoas entre xogadores e xogadoras do Club, familiares e adestradores. Unha vez máis comemos de maravilla, e tamén houbo tempo para xogar o baloncesto.

Como novidade este ano o Club participou no DÍA DA FAMILIA organizado polo Concello de Arteixo na área recreativa do Seixedo, e para alá foron Fran e Germán a pasar o día, e xogar un pouco cos asistentes.

No medio una bóa sesión de fotos!! Unha mañán na que todo o Club púxose guapo para realizar as FOTOS OFICIAIS da tempada 17-18 no anfiteatro do paseo do balneario. Non quedaron nada mal grazas o fotógrafo “oficial” Antonio Abelenda.

Coma colofón final a II ESCOLA DE VERÁN na que foi crecendo o número de participantes. Este ano contamos coas visitas de dous grandes, Héctor Abelaira e Benjamín Longarela. O primeiro é o encargado da tecnificación de categorías de base do Valencia Basket, e o segundo doutor en Ciencias do Deporte e da Educación Física e preparador físico do Durán Maquinaria Ensino de Liga feminina 2 durante 5 tempadas. Foi un pracer e moi instructivo poder compartir pista con eles.

UN VERÁN CON MOITO BALONCESTO

Finalmente reseñar que, ainda que no era actividade propia do club, un bo número de xogadores e xogadoras do CB Arteixo acompañados por un dos nosos adestradores acudiron o II Campus de Foz organizado polo Club Porta XI Ensino, onde disfrutaron dunha semana na vila da Mariña Lucense chea de Praia, actividades, xogos e como non BALONCESTO.

Como podedes comprobar os nosos xogadores e xogadoras están a tope!! E non paran nin nas vacacións. Estamos moi orgullosos deles!!.

Agora toca xa comezar a nova tempada con folgos renovados!! Seguimos facendo CLUB


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.