|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS

10 Xaneiro 2019
UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS
UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS UN TORNEO MARCADO POLO FRÍO E AS RISAS

Ben cedo marchaba a expedición arteixán cara terras focenses para pasar un par de días de convivencia xogando o baloncesto. As temperaturas non invitaban a levantarse da cama, sen embargo a ilusión por pasar un par de días fora da casa pesaba máis que as inclemencias do tempo.

Partían as de Arteixo en dous coches, un pilotado por unha nai (Belén) que tamén faría de fotógrafa (moitas grazas por todo), e o outro comandado por Iván. Catro xogadoras en cada vehículo e a esperanza de non encontrar néboa no camiño. A verdade é que a viaxe pasou rápida e o tempo non impediu que en hora e media estiveran as nosas por Foz.

Alí tocaba escoller sitio onde durmir, aínda que as primeiras eleccións no foron as definitivas (cántas voltiñas deron cos colchóns...). Iso sí, a pesares de ser un ximnasio o sitio para durmir, que quentiño se estaba, case que non saimos para ir a xogar!!

Sen tempo para moito mási tocaba xogar o primeiro encontro contra Costa Ártabra, un gran conxunto que levou o torneo unha mezcla do conxunto de zonal e do de liga galega. Ata preto do descanso as nosas competiron de maravilla, despóis as diferenzas disparáronse contra un conxunto que na xornada de sábado quedaría campión do torneo.

Tras xogar o encontro tocaba repoñer forzas e como xa sabiamos no colexio Martinez Otero de Foz cómese de maravilla!! algunha si non a quitamos da mesa aínda segue alí...

A tarde tocou algunha importante novidade, a Iván tocoulle arbitrar o seu primerio encontro (tería que facelo ata dúas veces máis) e a que non sabedes quen fixo a mesa? pois catro das nosas xogadoras!! que a pesares de algún pequeno erro fixeron un traballo formidable. Posteriormente tamén farían a mesa doutro encontro máis.

Chegaba a hora do segundo partido, neste caso contra o Ensino de Lugo, Un dos organizadores da xuntanza. Neste encontro as nosas amosáronse superiores as lucenses pero o acerto en ataque non foi o que debería. A defensa si que xa comezaba a carburar.

Xa de volta para o colexio tocaba cear tódolos participantes xuntos e de novo a comida estaba do máis gustosa.

E así, pasiño a pasiño foi chegando a hora de durmir, bueno, a hora de ir para cama porque para durmir algunha esperou ata preto da 1:30 da madrugada. O certo é que non era doado durmir estando preto de 70 persoas xuntas nun ximnasio, sempre había alguén que tiña algo que dicir (o normal nestes casos vamos). Iso si, 5 das 8 xogadoras do CB Arteixo Duacode deberón de levar tapóns porque quedaron roque ben cedo...

A noite non estivo mal a caloriña do generador, pero iso sí, foi moi moi curta xa que as 8 da mañán tocou diana, tiñamos que almorzar que asl 9:15 tiñamos que xogar!! si, a esa horas nos tocou, e o termómetro rondando os 0 graos...

O almorzo outra vez de maravilla, si ata tivemos donuts de chocolate!! eu sei de quen comiu 2...

Ás 9 menos 5 estábamos no pavillón municipal de Foz preparadas para xogar o definitivo encontro do torneo contra o CAB de Pontevedra. E aínda que pareza incrible as nosas fixeron o mellor encontro de todo o campeonato, espectacular a capacidade de adaptarse a unha situación complicada que tiveron as xogadoras de Arteixo entre sono e frío.

Rematado este encontro só quedaba ver as fináis que estaban por diputarse e agardar a clausura para a entrega de premios. Ahí a nosa Carla recibiu unha medalla o formar parte do mellor quinteto da categoría infantil feminina, norabóa a ela e o resto do equipo polo traballo.

Recollidos os agasallos tocaba a volta a casa coa satisfacción de facer un bo torneo e de ter un bo puñado de anécdotas para contar.

Simplemente queda dar as grazas o Ensino de Lugo en especial a Ana Ónega pola invitación unha vez máis a participar nun torneo organizado por ela. Tamén agradecer a Celtas de Foz e o colexio Martínez Otero pola súa hospitalidade. Agradecer tamén os páis que se achegaron ata Foz na segunda xornada do Torneo (algún ata chegou o partido das nove..). Finalmente o máis importante: as nosas xogadoras, grazas por ter un comportamento exemplar tanto dentro coma fora da pista, sodes un bo equipo de baloncesto (hai que seguir mellorando) pero sobre todo sodes un equipo humán impresionante!!

Asistiron o torneo: Andrea, Antía Rodríguez, Carla, Sofía, Sabela, Zeltia, Lucía, Xoana, Iván (adestrador) e Belén (nai).

Xa estamos a esperar con ansia a seguinte aventura!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.