CB ARTEIXO DUACODE 43-JESUITINAS A 51
Mal inicio de encontro das de Arteixo que empezaron un tanto tímidas e con poucas ansias de anotar canastras.
Pouco a pouco fóronse entonando e igualando a contenda, tanto en loita coma en acerto, pero sin chegar a impoñerse nunca as colexiais.
No quinto periodo o xogo foi malo, as de Jesuitinas puxeron moita intensidade na pista e as de Arteixo non foron quen de igualalo perdendo una bóa morea de balóns, o que disparou as diferenzas ata os 18 puntos.
No periodo definitivo as do CB Arteixo Duacode deron una lección do que é defnder con intensidade, pelexando todos os balóns coma se fosen o último e creendo sempre na milagre de remontar en 8 minutos os 18 puntos de desventaxa.
O final a remontada non pudo ser, pero a verdade é que iso é o de menos, ver a loita de tódalas xogadoras e o banquiño animando continuamente (o igual que os país e nais) non ten prezo, e so por iso xa merece a pena madrugar un sábado.
Agora a seguir mellorando e seguir disfrutando do camiño.