Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

UN NADAL CON MOITO BALONCESTO

9 Xaneiro 2020
UN NADAL CON MOITO BALONCESTO
UN NADAL CON MOITO BALONCESTO UN NADAL CON MOITO BALONCESTO

O Nadal que vimos de deixar atrás trouxo moito baloncesto para os menbros do CB Arteixo, que ademáis de non deixar de adestrar nestas datas participaron no  IX Memorial José Antonio Vega como xa ven sendo tradición. A  este importante evento do nadal na contorna acudiu o club cunha ampla representación en forma de 4 equipos, dous en categoría infantil e outros dous en categoría alevín. Como novidade este ano destacar que os catro equipos eran mixtos.

Doutra banda 3 xogadoras do infantil feminino: Xoana Mato, Andrea Suárez e Carla Naya, xunto co adestrador Iván García participaron nun Torneo en Lugo invitados polo Ensino. O torneo de carácter nacional, con conxuntos de Castela e León e Asturias no cartel é de un alto nivel competitivo. A invitación a este Torneo ten que ver coa preselección que está a facer o club lucense para acudir a MIni Copa que se xogará nos vindeiros meses en Salamanca e donde as nosas xogadoras teñen serias opcións de acudir.

Adxuntamos fotos dos dous torneos.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.