|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UN MAL INICIO CONDENA AS ARTEIXÁNS

20 Novembro 2018
UN MAL INICIO CONDENA AS ARTEIXÁNS
UN MAL INICIO CONDENA AS ARTEIXÁNS

BASQUET CORUÑA LEYMA U 16 53 - 38 CB ARTEIXO DUACODE (16-04, 10-11, 15-13, 12-10)

Non saíron a cancha as de Arteixo como é habitual en elas, demasiado despistadas na defensa e regalando balóns moi claros no ataque.

De ahí as primeiras diferenzas no marcador que neste primeiro cuarto marchaban ata os 12 puntos.

No inicio do segundo aínda sería peor a cousa marchando as locáis ata os 20 puntos, con despistes continuos das visitantes. xa todo parecía perdido, pero de súpeto as do CB Arteixo Duacode comezaron a xogar como acostuman últimamente e foron limando pouco a pouco as diferenzas ata colocarse por debaixo dos 10 puntos.

Nos seguintes cuartos a igualdade foi a tónica dominante, ameazando as arteixáns con meterse definitivamente no encontro, pero o xogo interior das coruñesas fixo imposible que a remontada fose efectiva.

Así e todo as sensacións que quedaron foron boas, lamentando un inicio que non se debe repetir para poder competir cos mellores conxuntos da categoría.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.