|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UN ENCONTRO MOI INTENSO

Infantil Feminino 2ª
17 Abril 2019
UN ENCONTRO MOI INTENSO

CB ARTEIXO DUACODE 46 - 39 SANTO DOMINGO DE BETANZOS (08-09, 18-10, 06-07, 14-13)

O encontro do pasado domingo no Pazo saíu moi moi intenso, con dous conxuntos pelexando por cada centímetro de parquet no que as defensas impuxéronse case que en todo momento os ataques. A excepción foi o 2 cuarto onde as do CB Arteixo Duacode impuxeron o seu xogo rápido de contraataque e anotaron con certa claridade para acadar unha unha ventaxa no marcador que resultaría definitiva.

O resto do encontro, moi competido, onde os dous conxuntos rivalizaban en erros e acertos sin que ningún dos dous conseguira impoñer o seu xogo e o seu ritmo.

O final do encontro foi igualado (como non podía ser de outro xeito) pero as de Iván García souperon temprar os nervos e ante a presión abafante das betanceiras non regalaron ningún balón, obrigandoas a cometer continuas faltas que as levaban a liña de tiros libres onde o acerto non estivo nada mal para pechar unha victoria merecida.

Xa tan so queda unha xornada para rematar a liga, será contra un dos galos da competición o Baxi ferrolán coa ilusión de facer un bo encontro e quen sabe si dar a sorpresa...

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.