|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

UN ENCONTRO MOI DURO

Infantil Feminino 2ª
4 Decembro 2018
UN ENCONTRO MOI DURO
UN ENCONTRO MOI DURO

CB ARTEIXO DUACODE 48 - 30 COMPAÑÍA DE MARÍA B (04-10, 11-08, 04-06, 24-06)

Vaia encontro...a intensidade que puxeron os dous equipos foi moi alta, pero o acerto, bueno, iso é outro tema.

As locáis sairon a pista moi desconcentradas e precipitadas, caendo continuamente no xogo das colexiais. Tanto é así que os poucos minutos o adestrador local xa pedira un tempo morto e xa cambiara a todas as xogadoras que empezaran o encontro. Pero tampouco mellorou moito o xogo e as visitantes dominaban o encontro tanto no xogo coma no marcador.

No segundo cuarto a concentración mellorou un chisco, sobre todo na defensa e o acerto no ataque foi mellorando algo.

Tras o descanso o xogo mellorou moito por parte do CB Arteixo Duacode pero o acerto seguiu sendo nulo con tan so 4 puntos anotados neste periodo.

Menos mal que a defensa mantivo as arteixáns sempre preto no marcador...

Sen embargo os que viron xogar a este conxunto saben que nunca se rende, e no cuarto definitivo fixeron o que nos teñen acostumados, unha defensa case que perfecta, roubando infinidade de balóns que propiciaban un xogo rápido e vistoso. Ademáis por fin apareceu o acerto, e o encontro cambiou de dominador totalmente. O resultado do cuarto o di todo 24-6.

Este encontro pon máis en valor o que fan as nosas xogadoras fin de semana tras fin de semana. Ninguén pon as cousas fáciles a ninguén e para gañar os encontros hai que facer moitas cousas ben. Si te despistas pasan estas cousas.

Seguimos a aprender todos os días unha nova lección, noraboa a todas e gracias os afeccionados por animar cando máis o necesitabamos.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.