O pasado sábado celebrábase en Santiago a xuntanza anual de seleccións zonáis na que un dos nosos adestradores, Iván García, asistía como adestrador da selección coruñesa alevín feminina.
A xornada estivo presidida polo bó ambiente dentro da espedición coruñesa que tivo que disputar 2 encontros, o primeiro contra o combinado de Ourense e o segundo contra Arousa. Aínda que os resultados eran o de menos as nosas impuxéronse nas dúas contendas.
En definitiva unha gran experiencia para as rapazas e para os adestradores que asistiron o evento.