GESTORÍA QUEIJO BASKET XIRIA 37 - 35 CB ARTEIXO DUACODE (11-10, 02-09, 12-08, 12-08)
O titular resume o encontro a perfección, o ataque do CB Arteixo Duacode foi lamentable durante os 40 minutos de xogo. E aínda encima a defensa que tantas alegrías viña dando as rapazas de Arteixo desapareceu por momentos na segunda parte...
Dito isto, dito todo, cando o nivel competitivo non chega os mínimos esixibles suceden estas cousas, cando erras unha e outra vez preto do aro rival, perdes; cando non eres quen de defender as xogadoras importantes do outro conxunto, non hai nada que facer. Bueno si, queda refacerse de cara o seguinte encontro, traballar duro pola semana e tratar de mellorar a imaxe deste sábado en Carballo.
A liña do equipo era ascendente, que este tropezo sirva para coller folgos renovados.