CB ARTEIXO DUACODE 66 - 19 BV ASESORES LOS ROSALES "B" (18-04, 12-06, 24-04, 12-05)
Moi bo encontro en liñas xerais por parte do conxunto arteixán, que segue a súa progresión nunha tempada que semellaba complicada e que está dando moitas alegrías as xogadoras dirixidas por Iván García.
Unha vez máis a victoria cimentouse sobre unha defensa moi sólida, xa que o ataque combinou momentos de moito acerto (sensacional a saída do encontro e tras o descanso anotando 24 puntos no terceiro periodo) con outros nos que os erros preto do aro sucedíanse.
En calquer caso, independentemente do acerto no ataque é de valorar o nivel de concentración defensivo en case que todo o encontro, para evitar canastras sinxelas por parte do conxunto coruñés.
O equipo está no bo camiño, agora toca seguir mellorando para competir contra as mellores. Sen ir máis lonxe o vindiro día 9 as do CB Arteixo Duacode enfrontaranse o líder da competición, o CB Culleredo.