Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Meco-Rafonca Portas e Automatismos · 16/02/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Maristas Coruña · 17/02/2019 17:00 Pavillón Ponte dos Bozos - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - KFC Kulle · 16/02/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Top Quality Cars Cambre 03 - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 16/02/2019 16:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Infantil: Compañía de María B - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Compañía de María - A Coruña || Infantil: Calasancias A - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Calasancias - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Feminino - Compañía de María B · 16/02/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Jesuitinas C - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 16/02/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo

UN BO COMENZO DA SEGUNDA FASE

Benxamín Mixto
31 Xaneiro 2019
UN BO COMENZO DA SEGUNDA FASE

Primeiro encontro da segunda fase que enfrontou aos Benxamíns do CB Arteixo Duacode co equipo de Franciscanos, onde os nosos nenos acadaron a súa primeira vitoria. Os Arteixans presentáronse ao encontro con moitas ganas e entusiasmo, logo de non conseguir ningunha vitoria na primeira fase desta liga.

 

O encontro comezou co noso equipo moi involucrado no xogo obtendo cestas fáciles, apoiadas nunha gran defensa de conxunto, sen resposta dos rivais. A medida que pasaban os minutos, os Arteixans encontrabanse máis cómodos no xogo.

Despois do descanso e co partido de cara, os arteixans mostraron o seu mellor xogo colectivo ata a data o que provocou que todos os xogadores do equipo anotasen.

 

En definitiva, un gran partido dos benxamins ao comezo desta segunda fase.

 

Antes de concluír, felicitar ao equipo de Franciscanos polo partido, malia haberse presentado ao encontro con seis xogadores, continuou a loitar e non baixou os brazos en ningún momento.

 

Resultado: CB Arteixo Duacode 57-27 Franciscanos.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.