CB ARTEIXO DUACODE 46 - 30 OBRADOIRO FEMININO 1º ANO (06 - 07, 14 -08, 10 - 07, 16 - 08)
Nervos, nervos e máis nervos no arranque do choque. O normal vamos, nun primeiro encontro de tempada, con algunhas rapazas xogando o seu primeiro partido e outras debutando no seu novo club.
Tal foi así que as nosas estiveron máis de 5 minutos sen anotar, semellaba que o aro tiña posta unha tapa... Menos mal que a defensa era de bo nivel (o igual co ano pasado).
No segundo cuarto, xa máis asentadas na pista, as nosas comezaron a anotar con máis facilidade para tomar as primeiras ventaxes no luminoso. O descanso 5 arriba para as nosas.
O terceiro cuarto saliu moi igualado coas defensas impoñéndose os ataques pero a ventaxa seguía a favorecer as do CB Arteixo.
No cuarto definitivo as nosas sacaron o seu mellor xogo cunha defensa cada vez máis intensa e xogando con rápidos contraataques conseguiron unha anotación máis acorde o seu nivel.
Bo comezo das xogadoras de Iván García que deben seguir mellorando nas vindeiras datas para poder competir cos "cocos" da competición.
Xogaron polas nosas: Andrea, Aitana, Sara, Marta, Sabela, Zeltia, Antía López, Antía Vilariño, Graciela, Paloma e Xoana. Asistiron tamén Carla e Awa.