Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

UN APAGÓN DE 4 MINUTOS

Sénior Masculino 2ª
21 Novembro 2018
UN APAGÓN DE 4 MINUTOS

PBB "B" 72 - 60 CB ARTEIXO DUACODE (22-07, 18-11, 17-14, 15-28)

Comezou moi ben o conxunto arteixán cun xogo de pases no ataque sensacional, e defendendo con intensidade, pero erros incribles de cara o aro facían que o marcador estivera igualado nos primeiros compases.

De súpeto, de maneira inexplicable, o mesmo de sempre! un apagón total no xogo e o equipo local (un bo equipo) que lle encaixa o CB Arteixo Duacode un parcial de 20-0, e que case sentencia o encontro no primeiro cuarto.

A partir de aquí, algo de melloría no equipo visitante, pero os locáis non afrouxaron o ritmo e chegaron a ter ventaxas de case 30 puntos.

Na segunda parte o máis destacable foi a loita do conxunto de Arteixo, que un día máis non deixou de pelexar ata acadar no último cuarto un meritorio resultado de 15-28.

Sen embargo estes arranques de carácter non son de abondo para competir a tope na liga na que estamos, a concentración ten que subir aínda moitos peldaños para poñernos a altura dos equipos os que nos imos enfrontar.

A ver si esta semana damos un bo paso adiante!!

Xogaron polo CB Arteixo Duacode: Escariz, Antelo, Conchado, Hugo Val, Jesús, Andrés, Rober, Nacho P. e Ocampos (non poñemos a anotación porque a acta non reflicte a realidade).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.