Marchaban as nosas rapazas cara terras da Mariña lucense case que sen tempo para comer, sobre as 14:30 horas. O primerio encontro tería lugar as 17:00 no pavillón municipal de Mondoñedo.
Non terían moita sorte as nosas neste primeiro envite contra o CB Allariz, un conxunto de moito nivel e moito máis rodado que as nosas.
Case que sen tempo para descansar xogabamos xa contra un vello coñecido, o KFC Culle, que tamén nos gañou con comodidade, ainda que desta volta as nosas pelexaron moito máis, e por momentos fixeron bo xogo, coma nos teñen acostumados.
Despois de unha dura xornada tocaba ir cara o Seminario, onde nos agardaba unha merecida ducha e o reparto de habitacións.
Con todo o mundo xa aseado e ubicado nos seus cuartos todas xuntas a cear. Aquí algunha fixo a de sempre, qué maneira de papar!!
Para rematar o día un paseiño polas rúas da vila que estban moi festeiras cun carnaval de outono. As nosas rapazas mesmo se animaron a bailar. Non se pode decir o mesmo do noso adestrador, que se amosou un pouco soso.
De volta o Seminario a descansar sobre as 23 horas que o día seguinte tocaba diana as 8...
Despois de almorzar tocaba a disputa do encontro polo 5º e 6º posto contra o CB Burela. Aquí as nosas por fin comezaron amostrar un pouco do seu xogo habitual, sobre todo cunha defensa ben aguerrida, o ataque era outro cantar. Cando eran quen de sair rápido a cousa ía ben, no ataque posicional demasiados atrancos...
Así e todo, despois dun encontro moi igualado apañaron a primeira victoria da tempada.
Finalmente había que xogar un encontro máis, neste caso contra o Grupo Covadonga de Gijón.Tratábase de que as asturianas puderan xogar un encontro máis e as nosas tamén pero xa fora de concurso. Por parte das nosas só xogaron 6 xogadoras e fixeron un auténtico partidazo!! Finalmente o cansanzo pasó factura e non se pudo gañar, pero o xogo foi moi bo.
Xa tan só quedaba comer uns bocatas e agardar a clausura e entrega de premios.
Vivimos novamente unha fin de semana sensacional, desfrutando do baloncesto e dunha gran convivencia entre todas as rapazas que asistiron o torneo. Xa estamos agardando o seguinte!!
Queda dar as grazas a empresa Record pola invitación, a todos os conxuntos participantes, e como non os pais e nais que tanto axudan para que estas actividades se podan levar a cabo.
Participaron polas nosas: Andrea Suárez, Xoana Mato, Antía Vilariño, Carla Naya, Sofía Varela, Antía Rodríguez, Susana Rodríguez, Laura Quintáns e Inés Senra. Adestrador, Iván García.