Gran fin de semana a que pasou a expedición arteixán na cidade de Lugo. Unha expedición composta nin máis nin menos que por 48 persoas, 44 rapaces e rapazas e os 4 adestradores do club.
En canto o baloncesto dicir que os nosos estiveron moi ben, competindo a tope contra conxuntos do resto da comunidade galega e algúns da provincia de Valladolid. As rapazas do infantil feminino mesmo foron quen de acadar o trunfo na súa categoría e o infantil 2 de xogar a final.
Aínda que o baloncestístico é a excusa, non foi o máis importante. O ambiente maravilloso e comportamento dos nosos exemplar. As risas foron o predominante nos dous días no torneo lucense, case que no houbo que chamar o orde a ninguén...
Agradecer a organización do torneo pola invitación un ano máis, por suposto os pais e nais pola confianza que depositan en nos, e por último e máis importante os nosos rapaces e rapazas, é unha pasada salir con vos de "paseo", estamos moi orgullosos dos nosos xogadores e xogadoras!!