Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

SORPRESA PARA A ESCOLA DE VERÁN

4 Agosto 2018
SORPRESA PARA A ESCOLA DE VERÁN
SORPRESA PARA A ESCOLA DE VERÁN

Temos unha sorpresa para a nosa II Escola de verán C.B. Arteixo Duacode Concello de Arteixo.

Contaremos coa presenza e a axuda de Héctor Abelaira, adestrador de categorías inferiores e responsable da tecnificación do Valencia Basket Club.

Héctor axudaranos a realizar a tecnificación da primeira semana da Escola de verán en ámbalas dúas quendas, así como a planificar as seguintes semanas.

Esta é toda unha oportunidade de aprendizaxe para os nenos e nenas da Escola e para os adestradores do club, os cales poderán visualizar e compartir adestramentos con el.

Dende o C.B. Arteixo Duacode queremos agradecer a Héctor a súa implicación coa nosa Escola de verán e que este sexa a primeira de moitas.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.