CB ARTEIXO DUACODE 59 - 8 BETANZOS SADA
Sábado 4 de maio de 2019, 12.30, Pazo dos Deportes - Arteixo
CB Arteixo Duacode: Brais queijas, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Álex Rama, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)
Parciais: 14-3, 40-3, 57-8 (descanso), 59-8 (acta cerrada no cuarto periodo)
Asistencia: Bo ambiente na xornada de minibasket disputada no Pazo
Pouca historia no encontro dos minis. Os arteixáns non saltaban á pista moi concentrados pero aínda así eralles suficiente para adiantarse no marcador. Unha diferenza que dispararíase a partir do segundo periodo, principalmente grazas as dificultades do conxunto rival e pouco a pouco a concentración local facía o resto (57-8 descanso).
Na apertura da segunda metade os nosos pechaban marcador xa que apenas concederan puntos na sua canastra. No resto do encontro ámbolos conxuntos farían o posible por sacar proveito desta situación de desigualdade. Os arteixáns polo seu lado centraríanse en mellorar a súa lectura de xogo e concienciarse unha vez máis de erros recurrentes (59-8 final).