CB ARTEIXO DUACODE 18 - 81 KFC CULLE (03-21, 02-18, 05-20, 08-22)
O encontro non tivo moita historia cun conxunto como o de Culleredo que se amosou moi superior en todo o encontro. Xa de comezo sabíase das dificultades que terían as arteixáns contra un equipo que ata a data gañara tódolos enconcontros por amplas diferenzas.
Na primeira parte o certo é que as locáis case que non fixeron nada do falado antes do inicio e case que non chegaban nin a tirar a canastra e cando o facían era en malas posicións e con moita precipitación. As sensacións eran malas...
Tras o descanso a sensación xeral cambiou moito, o xogo ofensivo mellorou e as opcións de anotar multiplicáronse aínda que o acerto non acompañou. Ademáis a loita baixo os taboleiros foi continua a pesar da desventaxa física das arteixáns.
Fin a unha primeria fase con luces e sombras na que as locáis non terminaron de arrancar de todo, con momentos de bo nivel baloncestísticos e outros bastante desastrosos.
Sen tempo para lamentacións comenza xa unha segunda fase na que as do CB Arteixo Duacode deben de tratar de uncontrar un pouco máis de consistencia no seu xogo.