Cometeron os arteixáns os mesmos erros de encontros anteriores, onde a falta de atención defensiva en algún cuarto estivo a piques de costarlles algún disgusto en xornadas precedentes. Pero cando xogas con lume terminas por queimarte...
E foi o que pasou na tarde-noite do sábado no pavillón de Peleteiro, os nosos pensaron que sen contactar, sen pexar polo rebote e sen defender o 1x1 ían a gañar o encontro. Pero iso non é posible cando encontras no camiño un conxunto que sabe o que xoga, e que si que contacta nos cortes e vai a tope a por todos os rebotes.
Deste xeito, ante a pasividade dos visitantes chegouse o descanso con 41 puntos encaixados e 15 puntos por debaixo no luminoso.
Por sorte na segunda parte os de Arteixo se puxeron as pilas e comezaron a amosar intensidade na defensa e algo de agresividade cara o aro rival (nada do outro mundo...o xogo foi bastante pobre).
Pero a base de traballar a diferenza foi menguando e mediado o último periodo ata conseguiron poñerse por diante no marcador. Pero nun final igualado os arteixáns non tiveron o acerto que requería a situación (un pobre 14 de 26 en libres o dí todo) e os santiagueses con algo máis de temple se levaron o envite.
Imperdoable a posta en escéa dun conxunto arteixán que deixou escapar unha moi boa oportunidade para dar un golpe na mesa e dar un paso case que definitivo para clasificar para a segunda fase que da acceso a loitar polo ascenso.
Moito teñen que mellorar as cousas para o vindeiro sábado ante a visita do líder o Compañía de María de Santiago.
PELETEIRO 76 - 65 CB ARTEIXO DUACODE (21-14, 20-12, 15-23)
Xogaron e anotaron: Cochón 23, Antelo 2, Ocampos 5, Nacho 2, Conchado 8, Jesús 12, Iago 7, Jorge 2, Simón 1, Escariz 3 e Rober.