Senior: CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div - Santo Domingo Betanzos · 26/10/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Oleiros - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 26/10/2019 19:00 Pavillón Canide - Mera || Junior: SAnto domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div · 26/10/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Basquet Coruña U18 · 27/10/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div - Basquet Coruña U16/15 · 27/10/2019 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div - Obradoiro Fem · 27/10/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Basquet Coruña U14 - CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 26/10/2019 16:00 paviilón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div - Compañía de María · 26/10/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Jesuitinas B · 26/10/2019 09:30 Pol. Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Emilia Pardo Bazán CDR - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 26/10/2019 11:30 Pol. Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 26/10/2019 12:30 Pol. Agra II Pista 2 - A Coruña

SEN CONVICCIÓN

Infantil Masculino 2ª
4 Xuño 2019
SEN CONVICCIÓN
SEN CONVICCIÓN

 

CB ARTEIXO DUACODE 36 - 62 MARISTAS CHAMPAGNAT

Sábado 1 de xuño de 2019, 18.00h, Ponte dos Brozos - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Iker García, Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Hugo Lombao, Anxo Novás - 5 inicial - Mario De Oliveira, Lucas Vidal, Rául Vázquez, Aharón Pin, Manu López, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)

Parciais: 7-21, 15-37 (descanso), 33-44, 36-62 (final)

Asistencia: Desta volta os siareiros do conxunto arteixán tiveron que desprazarse ata Ponte dos Brozos para despedir a tempada


Os prolegómenos viñan marcados polo calor e a foto de equipo minutos antes do comezo do encontro. Co salto inicial veríamos un conxunto arteixán concentrado pero impreciso nos detalles, o que privaba aos nosos de disfrutar de máis ocasións. O que non cambiaba era a intensidade defensiva e o conxunto visitante aproveitaba as facilidades para poñer terra de por medio no primeiro cuarto (7-21 min 10).

No segundo periodo os arteixáns continuarían tímidos. Esa falta de convicción e de carácter deixaba xogar o rival con moita comodidade, circunstancia que mesmo reflexábase claramente nas expresións dos xogadores de ambos conxuntos e a diferencia aumentaba (15-37 descanso).

Co encontro prácticamente finiquitado chegaría a reacción dos arteixáns, que volverían a mostrar do que son capaces. Máis decididos, os nosos dominarían o cuarto grazas a presión defensiva e apretando en cada situación na que o rival mostrábase incómodo. A boa actitude defensiva viña acompañada dun bo criterio na ofensiva, compartindo o balón no momento preciso e pechábase o cuarto con moi boas sensacións (33-44 min 30).

Unha mágoa que a reacción chegase demasiado tarde. Nun encontro con poucos puntos, os arteixáns estaban obrigados a manter o ritmo anotador e pecha-la sua canastra. Sen a comunicación do cuarto anterior os arteixáns non eran quen de anotar e pese a que a defensa apenas concedía canastras, o tempo botábase encima dos arteixáns. Con 5 minutos por xogarse e unha diferenza que non baixaba o adestrador arteixán renunciaba o partido e metía en pista aos menos habituais, repartindo un pouco máis os minutos para despedir a tempada (36-62 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.