Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

SEN CHISPA

Infantil Masculino 2ª
2 Abril 2019
SEN CHISPA
SEN CHISPA

 

SANTA MARÍA DEL MAR 57 - 40 CB ARTEIXO DUACODE

Domingo 31 de marzo de 2019, 10.00h, Santa María del Mar - A Coruña

CB Arteixo Duacode: Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Álex Rama, Aarón Romero - 5 inicial - Brais Queijas, Mario De Oliveira, Lucas Vidal, Raúl Vázquez, Hugo Lombao, David Eirís (adestrador)

Parciais: 17-14, 28-26 (descanso), 36-32, 57-40 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Nun comezo frío, o conxunto local obtiña doadamente unha rápida vantaxe de dous díxitos. Tras unha pausa comezaría a mellorar a concentración e a defensa posibilitaba ocasións para reducir diferenzas (17-14 min 10).

No segundo periodo o encontro mantíñase igualado pero os nosos ían a máis. A falta de paciencia ou decisión según que ocasións reducía a efectividade dos arteixáns, que continuaban a ter descoidos en defensa (28-26 descanso).

Todo seguiría igual no segundo tempo. As faltas de concentración repetíanse, o que o conxunto visitante suplía con certa melloría na actitude preto do aro a defender. Isto era suficiente para reducir o ritmo anotador rival pero en ataque os nosos erraban varias ocasións doadas e chegaban o derradeiro cuarto por debaixo (36-32 min 30).

Sen ideas máis aló do 1x1 os arteixáns terían cada vez máis problemas para anotar.
Os descoidos reaparecían cada vez con máis asiduidade e sen a ambición defensiva do pasado encontro a posibilidade de remontada escurecíase, ata o punto de baixar os brazos no tramo final o que disparaba diferenzas (57-40 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.