Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

SEN CENTÍMETROS

Infantil Masculino 2ª
18 Marzo 2019
SEN CENTÍMETROS

SEN CENTÍMETROS

CB LARACHA M.E.TIBAR 56 - 37 CB ARTEIXO DUACODE

Sábado 16 de marzo de 2019, 18.00h, IES Agra de Leborís - Laracha

CB Arteixo Duacode: Iker García, Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Mario De Oliveira, Lucas Vidal, Raúl Vázquez, Aarón Romero, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)

Parciais: 11-10, 27-20 (descanso), 38-28, 56-37 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Como anécdota da xornada, o anfitrión presentaba a ámbolos conxuntos por megafonía. De novo un bo comezo permitía liderar o marcador nos primeiros intres do choque e incomodaba ao rival nas transicións. Sen embargo, cando os locais achegábanse á canastra as axudas eran inexistentes, concedendo canastras sinxelas (11-10 min 10).

No arranque do segundo periodo chegaba a primeira desconexión. O rival acadaba unha importante vantaxe en dous minutos, o que obrigaba a parar o partido. Na reanudación os nosos saían enchufados e a base de esforzo igualaban de novo o encontro. Sen embargo, un par de descoidos no balance pechaban o cuarto con malas sensacións (27-20 descanso).

No segundo tempo os arteixáns tentarían apretar de novo e o encontro mantíñase igualado. Sen embargo, o control do rebote era unha laxa cada vez máis pesada. Os locais facían valer a sua superioridade física e disfrutaban de 3 ou 4 lanzamentos en moitas ocasións. A este factor sumábase o arbitral, xa que o colexiado non parecía aplicar o mesmo criterio nas dúas canastras, levando aos arteixáns a perder o enfoque definitivamente e evidenciando de novo as carencias do conxunto arteixán (56-37 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.