SANTO DOMINGO DE BETANZOS 41 - 34 CB ARTEIXO DUACODE (13-06, 10-11, 11-09, 07-08).
O titular resume perfectamente o que foi o encontro para as arteixáns que en ningún momento foron quen de atopar o acerto nin en tiros lonxanos nin preto do aro.
Tampouco a defensa empezou con boas sensacións, xa que cada 1x1 que xogaban as betanceiras era unha opción sinxela de canastra. Deste xeito facíase complicado competir contra un conxunto que tiña as ideas moito máis claras cas das xogadoras de Iván García.
Deste xeito foi camiñando o encontro sen que a melloría esperada nas do CB Arteixo Duacode chegara a producierse, si ben é verdade que as xogadoras visitantes si que sacaron o seu carácter e con máis gañas que xogo foro poñendo en dificultades o equipo local, e mesmo tiveron opcións de traer a victoria para casa pero novamente o desacerto presente en todo o encontro fixo que todos os esforzos foran infructuosos no marcador final.
Na próxima xornada un novo desprazamento para o equipo cadete feminino, neste caso a Ferrol coa ilusión de recuperar o xogo alegre das anteriores xornadas.