Encontro moi completo o que xogaron as rapazas do CB Arteixo Duacode.
No inicio do encontro a precipitación foi a nota dominante, a actividade defensiva (sensacional a intensidade e comunicación durante todo o encontro) contaxiábase o ataque e os tiros cercanos no terminaban de entrar.
Pouco a pouco a calma para tomar decisións foise impoñendo e así chegou unha alta anotación no 2º e 3º cuarto, con 21 e 22 puntos anotados.
No definitivo igualouse un pouco o xogo pero xa con diferenzas no luminoso moi amplas para as locáis.
O obxectivo era claro, non relaxarse tras o tempo de lecer, e así foi, moi bo traballo de equipo o realizado polas xogadoras do CB Arteixo Duacode durante os 40 minutos.
A seguir mellorando, aprendendo e desfrutando!!
Unha vez máis hai que destacar a presenza de varias xogadoras do equipo alevín feminino do club que viñeron o Pazo a animar as súas compañeiras, SODES MOI GRANDES!!
Seguimos facendo CLUB.