CB ARTEIXO DUACODE 71 - 55 PBB "B" (12-20, 21-05, 20-17, 19-13)
Recibía o CB Arteixo Duacode a un dos galos da competición, nun encontro que semellaba sería complicado. E así foi no inicio no que os de Porriño anotaban con comodidade ante a pasividade da defensa local. No ataque a cousa non ía mellor amosando vicios de encontros pasados, onde o balón non circulaba e cada xogador pretendía resolver o encontro pola súa conta. De ahí o resultado o final do primeiro cuarto, cun claro 12 a 20 para os locáis e tódalas pantasmas sobrevoando o teito do Pazo dos deportes, xa que o encontro da primeira fase estaba moi presente...
Pero no segundo cuarto todo cambiou e os xogadores do CB Arteixo fixeron uns minutos de moi bo baloncesto (da gusto velos xogar cando xogan en conxunto). A defensa comezou a poñer o nivel de dureza que require a competición e o ataque? o ataque fixo o que ten que facer PASARSE O BALÓN E MOVERSE, case que a norma número un do baloncesto. Deste xeito o descanso os locáis xa lle deran a volta o marcador e dispoñían dunha pequena renda para comezar a segunda parte.
Nin moito menos o traballo estaba feito, e iso o amosaron os de Porriño ben as claras durante todo o cuarto, aumentando moito o nivel de acerto no ataque que foi ben contrarrestado polo ataque arteixán que xa non deixou de mover o balón con criterio (especialmente contra a zona proposta polos visitantes) para acadar unha boa anotación neste periodo tamén.
No cuarto definitivo tocaba non baixar os brazos e terminar con boas sensacións e si se podía recuperar o basketaverage do partido de ida. E así foi, a defensa subiu un chisco e o ataque xa non se parou ata o bocinazo final.
Gran victoria de conxunto cunha anotación coral por parate do CB Arteixo Duacode.
A vindeira semana hai que facer boa esta victoria gañanado na cancha do Extrugasa Río Ulla.
XOGARON E ANOTARON: IAGO 10, CONCHADO 12, COCHÓN 13, OCAMPOS 13, ANTELO 10, JESÚS 9, VAL 2, ROBER 2, SIMÓN E ESCARIZ. NON XOGARON POR TRABALLO ANDRÉS E POR LESIÓN NACHO.