Segundo xogo da segunda fase para o noso Benxamín do CB Arteixo Duacode, que esta vez enfrontáronse ao equipo de Compañia de María C . Os nosos conseguen unha nova vitoria que os coloca no segundo lugar da clasificación empatados co primeiro.
En canto ao partido, no primeiro cuarto, os Arteixáns encontraronse moi cómodos tanto no ataque, movendo o balón e atopando ao compañeiro desmarcado, como na defensa, pechando moi ben as liñas de pase e defendendo ben conxuntamente.
Os demais peridodos foron un reflexo do bo traballo realizado no primero carto, o que significou que a vantaxe aumentara gradualmente.
Parabéns aos nosos rapaces pola nova victoria, pero temos que segir taballando duro.
Compañia de María C 12-58 CB Arteixo Duacode