CB ARTEIXO DUACODE 74 - 38 BBCA PRAIA DE CARIÑO
15-8, 23-9, 17-5, 19-16
Empeza o partido cos xogadores moi concentrados. Moi rápidos no ataque e con moita actividade na defensa. Buscamos as vantaxes e intentamos aproveitalas indo rápido á canasta, anotamos con facilidade (aínda que fallamos varias situacións debaixo do aro). Só permitimos 2 canastras en xogo neste cuarto e xa nos empezamos a despegar no marcador.
No segundo cuarto o ataque segue a funcionar ben (anotamos 23 puntos con 3 triplas) e a defensa continua pechándolle o camiño do aro aos ferroláns. A distancia ao descanso son 21 puntos e o partido vai ben encarrilado.
Despois do descanso non se baixa o ritmo. Seguimos a anotar e a defensa ainda aumenta as prestacións deixando aos visitantes en só 5 puntos. Non se baixa o nivel a pesares da diferenza.
No último cuarto baixamos un pouco a concentración e permitimos que o rival anote varias canastras triplas sen oposición. Pero a victoria non corre perigo en ningún momento.
Xogaron Abdel, Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Enzo. Segue de baixa Samuel, aínda que esperamos que se poida incorporar para a vindeira xornada.