CB ARTEIXO DUACODE 57 - 53 BBCA TRAS DO CASTELO
Sábado 23 de marzo de 2019, 16.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo
CB Arteixo Duacode: Mario De Oliveira, Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Lucas Vidal, Rául Vázquez, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)
Parciais: 18-19, 25-41 (descanso), 35-43, 57-53 (final)
Asistencia: Bo ambiente no Pazo dos Deportes en vísperas do encontro do primeiro equipo do clube
Como nos ten afeitos durante a segunda fase o conxunto arteixán comezaba con bo ritmo anotador, pero xogando de xeito apresurado desperdiciaba aínda máis oportunidades de anotación. Isto convertíase nun problema maior cando tocaba defender, xa que cada vez máis descoidos defensivos pechaban o cuarto con balance negativo pese a anotar 18 puntos (18-19 min 10).
No segundo periodo a falta de concentración continuaba a desperdiciar oportunidades, que xa se daban en menor número. Sen embargo, o maior problema continuaba a estar abaixo, onde a defensa colectiva facía augas o resto da primeira metade ata encaixar 41 puntos (25-41 descanso).
Tra-lo descanso comezaría a reacción. Agora sí, partindo dunha maior concentración os locais melloraban en defensa e chegaban a gozar de claras ocasións que ás veces non eran quen de aproveitar. O remate dun tempo morto sería o punto de inflexión definitivo, cos nosos transmitindo unha gran intensidade xa dende o cántico e chegando o derradeiro periodo con opcións e mellores sensacións (35-43 min 30).
Chegados a este punto, os arteixáns recorreran un largo camiño para renderse polo cansazo. A intensidade mantíñase e o desexo defensivo ía en aumento, aspectos vitais para competir neste deporte. E cun ataque aínda individualista pero coas ideas máis claras achegábase no encontro. Sen embargo, o rival non estaba disposto a ceder e mostraba unha maior efectividade dende a liña de persoal, obrigando aos arteixáns a un esforzo extra en defensa para retoma-lo liderato no marcador e suar ata o derradeiro segundo (57-53 final).