Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

REMONTADA PARA PASAR A ELIMINATORIA

Junior Masculino
30 Abril 2018
REMONTADA PARA PASAR A ELIMINATORIA
REMONTADA PARA PASAR A ELIMINATORIA REMONTADA PARA PASAR A ELIMINATORIA REMONTADA PARA PASAR A ELIMINATORIA

CD LOS ROSALES 35-55 CB ARTEIXO DUACODE

10-14, 11-12, 8-17, 6-12

Partido de volta dos cuartos de final da fase de consolación da Copa Primavera no que tiñamos que remontar os 16 puntos de desvantaxe do partido xogado en Arteixo a semana pasada (40-56). A empresa era difícil pero no ánimo do equipo estaba pelexar ata o final para evitar que a tempada rematara esta semana

Con estes antecedentes o partido empezou cos nosos xogadores moi activos, intentando marcar un ritmo alto tanto no ataque como na defensa. Presión a toda pista desde o principio, ataques rápidos e intensidade en tódalas accións do xogo. 0-6 de principio e boas sensacións, pero o alto ritmo tamén propicia erros e os locais vanse asentando e recuperan para igualar o xogo e o marcador. Ao descanso 5 puntos arriba que parecen insuficientes...

Na segunda parte os xogadores apretan aínda máis buscando ir recortando a distancia. E pouco a pouco vaise recortando. O esforzo é grande, pero o marcador vaise acercando ao que queremos ata chegar ao final do cuarto a só tres puntos do obxectivo

No último cuarto segue o alto ritmo de xogo, pero controlando un pouco máis o resultado. Chegase a empatar a eliminatoria e unha tripla colócanos con 17 puntos de vantaxe. De aquí ata o final os tiros libres dannos os 20 puntos de diferencia finais e a eliminatoria

A próxima fin de semana celebrarase a final a catro (aínda sin determinar a data e os horarios) para decidir o vencedor de esta fase de consolación da Copa Primavera que nos enfrontará na primeira semifinal a Baloncesto Cambre mentres que a outra será entre Basquet Coruña U18 e Baloncesto Narón

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.